Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. Información básica sobre protección de datos

RESPONSABLE

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento.

NIF: P2700015G

CONTACTO

982260048

San Marcos nº 8, 27001, Lugo.

consorcio.incendios@deputacionlugo.org

FINALIDADE

Prestación de servizos públicos, envío de información.

LEXITIMACIÓN

O cumplimento duna tarefa en interese público ou o exercicio de poder públicos (artigo 6.1,e do RGPD). Consentimento das persoas interesadas, cando sexa preciso (artigo 6.1,a do RGPD).

DESTINATARIOS

As Administracións Públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a xestión da súa solicitude.

DEREITOS

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso o consentimento outorgado a través da páxina web e/ou a sede electrónica, na dirección San Marcos nº 8, 27001, Lugo ou enviando un correo electrónico a dpd.consorcio.bomberos@deputacionlugo.org 

INFORMACIÓN ADICIONAL

Debe ler a información detallada sobre protección de datos máis abaixo.

2. Información detallada sobre protección de datos

Os datos persoais vinculados á páxina web e a sede electrónica responsabilidade do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).  

2.1 Quen é o Responsable do tratamento?

Datos do Responsable:

  • RESPONSABLE: Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento
  • NIF: P2700015G
  • Dirección: San Marcos nº 8, 27001, Lugo
  • Teléfono: 913 146 673  

Datos do DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS:

APDTIC PROFESIONAIS, S.L.
dpd.consorcio.bomberos@deputacionlugo.org

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento é responsable de manter un rexistro das actividades de tratamento baixo a súa responsabilidade en cumprimento dos deberes establecidos no artigo 30 do RXPD.

2.2 Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para:

  1. Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación.
  2. Verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que previamente xa se achegaran.
  3. Realizar notificacións e tramitar recursos.
  4. Xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.

2.3 Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento está lexitimado para levar a cabo o tratamento de datos de carácter persoal de acordo co principio de licitude do tratamento sinalado no artigo 6 do RXPD e, concretamente, para:

  • Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poder públicos, tendo en conta a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público; Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, etc.
  • En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas.
  • En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.

2.4 A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a entidades financeiras, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento para dar a publicidade legalmente exixida nos procedementos onde sexa necesario.

As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.

2.5 Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.

2.6 Realizaranse transferencias de datos a terceiros países?

Non se van a producir transferencias internacionais de datos.

2.7 Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van a gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van a comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
  • Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis alá da mera conservación dos mesmos.
  • Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

2.8 Terá a posibilidade de retirar o seu consentimento?

Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

2.9 Onde poderá exercitar os seus dereitos?

A persoa interesada poderá exercitar os seus dereitos sen custo algún, recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RXPD e a LOPDGDD, polos seguintes medios:

  • Por escrito no rexistro do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. Esta solicitude deberá ir asinada xunto coa copia do DNI ou pasaporte do interesado. No caso de que se actúe a través de representante legal deberá achegarse, ademais, o DNI e o documento acreditativo da presentación do representante.
  • Se o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento tivese dúbidas razoables en relación coa identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a información adicional necesaria para confirmar a identidade do interesado.
  • O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento deberá responder a solicitude no prazo dun mes desde a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir da recepción da solicitude.
  • Calquera interesado tamén poderá dirixir a súa solicitude de exercicio de dereitos ao Delegado de Protección de datos na seguinte dirección electrónica: dpd.consorcio.bomberos@deputacionlugo.org
  • Para máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html

2.10 Como pode realizar unha reclamación ante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectasen os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/. 

En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

2.11 Cales son as medidas de seguridade?

En cumprimento co artigo 32 do RXPD e tendo en conta o establecido na Disposición Adicional Primeira da LOPDGDD 3/2018, o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento conta cunhas medidas de seguridade establecidas polo seu regulamento interno de seguridade que segue o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) regulado polo Real Decreto 311/2022, do 3 de maio.

3. Normativa de aplicación

A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Dereito de acceso

A persoa afectada ten dereito a ser informada:

  • Dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios.

  • Do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, dos criterios para determinar este prazo.

  • Do dereito a solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou oporse ao mesmo.

  • Do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control.

  • A obter, cando os datos persoais non se obteñan do interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe.

  • A recibir información das garantías adecuadas se se produce unha transferencia internacional de datos.

  • A obter unha copia dos datos obxecto do tratamento.

  • Da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfís), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.

Debe distinguirse do dereito de acceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, así como do dereito de acceso regulado na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.


Dereito de rectificación

A persoa afectada ten dereito a obter sen dilación indebida, do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como que se completen aqueles datos persoais incompletos, incluso mediante unha declaración adicional.


Dereito de supresión (dereito ao esquecemento)

A persoa afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación, destacando aqueles casos nos que desapareza a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais se tratasen de forma ilícita.

Excéptase este dereito nos casos nos que deba prevalecer o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.


Dereito á limitación do tratamento

Permite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:

  • Se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica devandita exactitude polo responsable.

  • O tratamento resulte ilícito pero o interesado solicite, no canto da supresión, a limitación do seu uso.

  • O responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero si a persoa interesada para o exercicio dalgún dos seus dereitos.

  • O afectado exerza o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre os do afectado.


Dereito á portabilidade

A persoa interesada terá dereito a recibir do responsable do tratamento os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento cando sexa tecnicamente posible.


Dereito de oposición

A persoa afectada pode oporse ao tratamento:

  • Cando por motivos relacionados coa súa situación persoal, deba cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interese lexítimo que prevaleza sobre os intereses, dereitos e liberdades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.

  • Cando o tratamento teña como obxecto a mercadotecnia directa.


Formularios para o exercicio dos seus dereitos:

O artigo 30 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RGPD) establece que cada responsable levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúe, coa información indicada a continuación:

  • O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
  • Os fins do tratamento.
  • Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais.
  • As categorías dos destinatarios dos datos.
  • As transferencias de datos persoais, se as hai.
  • Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
  • Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.

Así mesmo, segundo se regula no artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), todas as entidades incluídas no artigo 77.1 desta lei orgánica deberán facer público un inventario dos seus tratamentos, no que constará a información establecida no artigo 30 do RGPD e a súa base legal lexitimadora para o tratamento dos datos de carácter persoal.

De conformidade con esta normativa, leváase a cabo un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento:

Ver/descargar documento.

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RGPD) establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obriga de designar un Delegado de Protección de Datos (DPD).

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento designou ao seu DPD de forma correcta, tal e como se pode comprobar en: Consulta do DPD.

Delegado de Protección de Datos: APDTIC PROFESIONALES, S.L.

Contacto: dpd.consorcio.bomberos@deputacionlugo.org

As suas funcións vén definidas no artigo 39 do RGPD e consisten principalmente en:

Informar e asesorar ao Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento e aos seus traballadores sobre as obrigas que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal.

Supervisar o cumprimento destas obrigas.

Cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Actuar como punto de contacto entre esta e o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento.

Á súa vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos (DPD) se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento ou non está conforme co mesmo. Para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do Consorcio dirixíndose por escrito ao enderezo de correo electrónico dpd.consorcio.bomberos@deputacionlugo.org.

Máis información: Axencia Española de Protección de Datos – Delegado de Protección de Datos.

Configuración accesible