Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

HISTORIA DO CONSORCIO
CONTRA INCENDIOS DE LUGO

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento nace co obxectivo de optimizar a xestión e coordinación dos parques de bombeiros da provincia.

Esta organización establécese de forma oficial no Decreto 19/2009, do 5 de febreiro. A través deste decreto, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo uniron esforzos para proporcionar un servizo coordinado, cuxo obxetivo é salvar vidas, protexer bens inmobles con accións oportunas e eficientes na loita contra o lume, atención pre hospitalaria, rescate e salvamento.

Ao centralizar os recursos e a toma de decisións, o Consorcio logrou mellorar a resposta ante calquera tipo de incidente en toda a provincia.

Ubicacion

Rúa San Marcos, 8, 27001, Lugo.

icono-tlf-inicio

982 260 265

Teléfono de Contacto

icono-email

consorcio.incendios@deputacionlugo.org

A ORGANIZACIÓN

Composición do Pleno do Consorcio

En representación da Excma. Deputación de Lugo:
  • D. José Tomé Roca, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo
  • Dna. Pilar García Porto, Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
  • D. Efrén C. Caloto, Deputado Delegado Da Área de Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
  • D. Santiago Villanueva Álvarez, Director Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • D. Andrés Iglesias López, Xefe do Servizo de Seguridad da Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación.
  • D. Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
  • Dna. Ana Belén Ermida, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Barreiros.
  • D. Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Chantada.
  • Dna. Gloria María Prada Rodríguez, 1ª Tenente de Alcalde. Concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade do Concello de Monforte de Lemos.
  • Dna. Marta Rouco Seoane, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vilalba.
  • D. Jesús Fernández Fernández, 2º Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro.
  • D. Claudio Garrido Martínez, Alcalde-Presidente do Concello de Sarria.
  • D. José Tomé Roca, Presidente da Excma. Deputación de Lugo.
  • D. Santiago Villanueva Álvarez, Director Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • D. Jose Antonio Mourelle Cillero, Secretario Xeral Adxunto da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
  • Dna. Julia Vázquez Silvarrey.

PARQUES DE BOMBEIROS

ESTATUTOS

Os parques son a columna vertebral deste servizo, están constituídos por 120 profesionais altamente capacitados que traballan activamente para reducir os riscos e educar á comunidade sobre como actuar ante situacións de perigo.

Cada un deles está composto por 20 efectivos, distribuidos nas seguintes categorías profesionais: 1 xefe de parque, 6 xefes de quenda, 13 bombeiros-conductores e dotado de diferentes unidades móbiles especializadas, entre as que se atopan:

  • Bomba Urbana Lixeira (BUL).
  • Bomba Nodriza Pesada (BNP).
  • Vehículo de altura (Escala).
  • Vehículo Lixeiro.
  • Furgón de servizos varios.

O ámbito de actuación territorial da provincia está distribuido do seguinte xeito, actuando tanto no seu ámbito urbano e rural.

Parque de Barreiros

Situado en Rúa A Cruz do Lobo de Barreiros, actúa nos seguintes concellos, Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Negreira de Muñiz, O Valadouro Ribadeo, Riotorto e Trabada.

Parque de Chantada

Situado no polígono industrial Os Acibros, cubrindo os municipios de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Guntín, Monterroso, Saviñao, Palas de Rei, Portomarín e Taboada.

Parque de Monforte de Lemos

Atópase no Camiño das Cortinas e actúa nos concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.

Parque de Sarria

Situado no campo da Feira. As zonas de intervención son A Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Corgo, Incio, Láncara, Navia de Suarna, Páramo, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Sarria e Triacastela.

Parque de Vilalba

Situado no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba. Os efectivos están a disposición principalmente dos seguintes concellos: Abadín, Begonte, Castro de Rei , Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, A Pastoriza, Rábade, Ribeira de Piquín, Vilalba e Xermade.

Parque de Viveiro

Atópase na explanada das Lavandeiras en Viveiro. Sendo o ámbito de actuación os concellos de Cervo, O Vicedo, Opurol, Viveiro e Xove son os pertencentes o ambito de actuación deste parque norte.

GALERÍA

Configuración accesible