O suceso, rexistrado na Avenida Terra Chá, saldouse cunha cociña danada e sen feridos
Os bombeiros do parque comarcal de Vilalba mobilizáronse este mércores para sufocar un incendio nunha cociña dun piso da capital chairega.
O incidente rexistrouse nunha vivenda da Avenida Terra Chá, na parroquia de Sancovade, minutos antes das catro da tarde.
Foi entón cando un particular púxose en contacto coa central de emerxencias do 112 para informar de que se esqueceu unha tixola ao lume e que estaba a arder a cociña.
Sen persoas afectadas
Desde o 112 Galicia mobilizouse aos bombeiros do parque da capital chairega e informouse á Policía Local e Protección Civil.
Os medios desprazados confirmaron que se viu danada toda a cociña e que non había persoas afectadas
