Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Unha pota esquecida no lume fai arder unha campá extractora nun piso da Rúa Nova de Sarria

Os veciños alertaron aos Bombeiros ao ver saír fume da vivenda

Os veciños dun edificio da Rúa Nova de Sarria chamaron este domingo aos Bombeiros ao ver saír fume dunha das vivendas. Con todo, cando os efectivos chegaron comprobaron que se trataba dunha pota esquecida no lume. O descoido provocou un pequeno incendio na campá extractora que non se estendeu a máis lugares da cociña.

A persoa que estaba no piso nese momento non se decatou do fume nin do lume declarado na campá. Os Bombeiros apagárono enseguida e non houbo que lamentar consecuencias graves.

Configuración accesible