Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Un lume accidental queima tres palmeiras en Ribadeo

Un particular facía unha fogueira que saltou ás árbores, probablemente polo vento, aínda que non se produciron feridos nin se estendeu

Un particular que estaba a realizar unha queima controlada nunha leira da súa propiedade provocou un pequeno incendio que afectou a tres palmeiras situadas no barrio de Vilar, á entrada da localidade de Ribadeo desde Barreiros.

O home atopábase realizando unha queima na parte traseira da súa leira cando probablemente o vento provocou que saltase ata unha das palmeiras da propiedade, estendéndose posteriormente a outras dúas, o que provocou a mobilización dos bombeiros de Barreiros.

Ao lugar desprazáronse tamén os axentes da Policía Local así como Protección Civil, o alcalde de Ribadeo, que axudaron ao control do lume así como a asegurar a zona para que non se estendese nin se reproducise.

Estas palmeiras decorativas son moi características de numerosas vivendas en Ribadeo. Crecen de forma xenerosa e atópanse en moitas das denominadas vivendas de indianos, aínda que tamén noutras zonas axardinadas. No día de onte o vento era importante en Ribadeo e de feito, en Asturias, prohibiuse facer lume e declarouse a alerta de incendios.

Configuración accesible