Os bombeiros tamén tiveron que intervir por un lume nunha empresa de Vigo de Sarria
Un incendio calcinou na tarde deste sábado unha habitación dunha vivenda de Oleiros, no municipio de Láncara.
Os propietarios detectaron as chamas sobre as 20.30 horas e trataron de sufocalas, sen conseguilo. Ao mesmo tempo alertaron aos servizos de emerxencias, sendo mobilizados os bombeiros do parque comarcal de Sarria.
Os efectivos extinguiron o lume, que destruíu por completo a habitación e todo o seu mobiliario. A súa rápida intervención evitou que se propagase a outras estancias.
O fume afectou o resto da casa
O resto da casa viuse afectada por o fume, polo que recomendaron á familia non durmir no inmoble. Barállase que o incendio puidese ser provocado por un calefactor.
Ata o lugar acudiron o alcalde, Darío Piñeiro, e veciños para interesarse polo ocorrido e colaborar cos afectados.