O condutor, que viaxaba só, parou cando percibiu que saía fume e só deulle tempo a coller a documentación do vehículo
Un coche resultou calcinado este xoves cando circulaba pola estrada LU-P-1611, coñecida como cinto comarcal, á altura do punto quilométrico 5, No Corgo Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
O incidente ocorreu ao redor das 7.30 horas, cando o 112 Galicia rexistrou a chamada dun particular que alertaba de que o seu vehículo comezara a botar fume e que comezaba a arde.
Ao parecer, ao novo, veciño de Sarria e que viaxaba só no coche, só deulle tempo a parar cando percibiu que saía fumareda do capó, a coller a documentación do automóbil e afastarse do mesmo.
A central de emerxencias mobilizou entón a os bombeiros de Sarria, que se encargaron de sufocar as chamas e limpar a calzada tras a retirada do coche, de marca Jeep, por parte do guindastre. Ata o lugar tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico.
