Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Un incendio nunha cheminea de Taboada mobiliza aos bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso

O lume só deixou danos materiais e afectou tamén á madeira que suxeita a lousa do conduto Os servizos de emerxencias interviñeron a tarde deste xoves nun incendio rexistrado ao redor das 15.00 horas na cheminea dunha vivenda de Taboada. Concretamente, na parroquia de San Martiño de Couto, lugar de Outeiro. Desde o 112 mobilizouse … Ler máis

Os efectivos dos parques Sur participan nun simulacro do túnel de Oural

Os efectivos do parque de Sarria, xunto cos Sarxentos da zona sur da provincia, participaron na xornada de onte no interior do túnel nun simulacro dun accidente ferroviario que incluiu a saída de vía dun tren, a presenza de persoas feridas no interior e nun posterior incendio. Nesta actuación asistiron tamén efectivos sanitarios do 061, … Ler máis

O Presidente do Consorcio agradece e recoñece a labor dos bombeiros provinciais na vaga de lumes

O presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo mantivo un encontro no Pazo de San Marcos cos sarxentos para trasladarlles os parabéns polo traballo e a profesionalidade do persoal dos parques comarcais durante os incendios O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, mantivo no Pazo de … Ler máis

Bombeiros do consorcio de Lugo en Ourense: “Era un caos, vivíronse momentos moi intensos”

Efectivos dos seis parques da provincia axudaron desde o venres para loitar contra o lume “Era un caos, vivíronse momentos moi intensos” asegura un dos bombeiros do parque comarcal de Vilalba que se desprazou nos últimos días a colaborar nos labores de extinción nos incendios de Ourense. A eles, igual que ao resto de compañeiros … Ler máis

Unha condutora resulta ferida ao envorcar co seu vehículo nunha estrada de Guntín

Efectivos do GES de Friol tiveron que excarcerar á muller e única ocupante do vehículo, que non podía saír polos seus propios medios do turismo accidentado na LU-P-1611 Unha muller resultou ferida este martes pola tarde en un aparatoso accidente ocorrido no municipio lucense de Guntín cando o vehículo que conducía saíuse da vía, impactou contra unha … Ler máis

Configuración accesible