Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Susto nunha vivenda de Celeiro ao arder unha pota

Foron mobilizados os bombeiros, a Policía Nacional e a Policía Local tras o aviso dun particular ao 112

Os bombeiros de Viveiro foron mobilizados para acudir este domingo ao mediodía a unha vivenda de Lavandeiras, en Celeiro, onde ardeu unha pota que estaba ao lume e outros aveños de cociña.

Foi un particular o que cara á unha e dez chamaba ao 112 e dicía que ardía unha cociña, polo que a central de emerxencias avisou aos bombeiros, á Policía Nacional e á Policía Local, que se desprazaron ao momento.

Os bombeiros informaban minutos máis tarde ao 112 que tiñan o lume controlado e que se limitou á pota xunto a algúns aveños.

Configuración accesible