Os efectivos do parque de Sarria, xunto cos Sarxentos da zona sur da provincia, participaron na xornada de onte no interior do túnel nun simulacro dun accidente ferroviario que incluiu a saída de vía dun tren, a presenza de persoas feridas no interior e nun posterior incendio.
Nesta actuación asistiron tamén efectivos sanitarios do 061, unidades da Cruz Vermella, membros da Garda Civil e outros equipos de emerxencias, co obxectivo de poñer a proba a coordinación e a eficacia da resposta ante unha situación real de risco.
Este tipo de simulacros son obrigatorios por lei antes da posta en funcionamento da infraestructura o que permite garantir a seguridade das persoas usuarias, asi como verificar que todos os protocolos de intervención funcionan correctamente. Además permiten dar a coñecer as características do novo túnel e verificar os protocolos de actuación e coordinación ca empresa ferroviaria e os diferentes servizos médicos, de seguridade y de axuda externos.

