Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Os bombeiros de Viveiro extinguen un incendio en restrollos en Naseiro

O dono da leira alertou ao achar o lume que descoñece quen prendeu

Os bombeiros do parque comarcal de Viveiro extinguiron na mañá deste sábado un incendio orixinado nunhas cheas de restrollos que ardían nunha leira da paraxe de Ou Naseiro, onde se celebra a Romaxe do Bo Xantar a cuarta fin de semana deste mes.

O dono da parcela acudiu cedo á parcela e atopouse co lume, que descoñece quen puido prender. Alertou ao 112 Galicia, que comunicou a incidencia ás oito e vinte da mañá á Policía Local, Policía Nacional e os bombeiros.

O lume non foi a maiores porque a leira fora rozada recentemente. A posibilidade de que se expandise é que saltase ás árbores. Afortunadamente os bombeiros sufocárono antes de que causase danos.

Configuración accesible