Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

O Pleno do Consorcio de Bombeiros aproba unha aportación de case 2M€ para mellorar os seis parques da provincia e facer fronte á suba salarial

Este martes o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, aprobou unha aportación extraordinaria de case 2M€ para mellorar os seis parques da provincia e facer fronte á suba salarial acordada no convenio cos traballadores. 

Na anualidade 2025 o Orzamento ascenderá deste xeito ata os 10,7M€. A Deputación achega o 50% desta dotación económica  e o outro 50% a Xunta de Galicia. 

No caso dos parques de Sarria, Chantada e Vilalba, os novos fondos permitirán ampliar as instalacións para dotalas dun espazo de almacenaxe; no caso de Barreiros actuarase sobre as filtracións de auga na terraza, reformarase a cuberta e o soportal, as humidades da fachada, pintaranse as paredes e os teitos interior e acondicionaranse os baños; en Monforte rehabilitarase a cuberta e os canlóns, revestiranse as fachadas e pintaranse as instalacións por dentro e por fóra; e en Viveiro acondicionarase o chan do ximnasio. O custe conxunto destas obras superará os 700.000€.

Ademais, 1,19M€ estarán destinados ao cumprimento do convenio asinado a principios de ano cos traballadores, nos que se recollían entre outras melloras a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais ata as 1.642 horas, ou o recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019.

Configuración accesible