17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros
Preto de 2,6 millóns de euros destínanse á xestión do servizo, presuposto que recibirán as empresas que a semana que vén resulten adxudicatarias
O Consorcio fixa o investimento para a xestión durante 8 meses prevendo o 1º pago en maio. Isto supón, segundo as previsións do organismo, que os 5 parques estarán a pleno rendemento nese mes
1 millón de euros adícase ó equipamento interno das instalacións de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba, únicas adquisicións que restaban para completar a dotación dos 5 parques de bombeiros
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Director Xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva, presidiu esteuns no Pazo de San Marcos o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que se aprobou o Orzamento para 2011 de dito organismo dotado de 3.700.918 euros e que asumirán ambas as dúas administracións ó 50%.
Desta cantidade, 2.597.000 euros adícanse á xestión do servizo. Trátase do presuposto total que recibirá óngo deste ano as empresas que resulten adxudicatarias da xestión indirecta dos parques de bombeiros que se coñecerán a vindeira semana. Deputación e Xunta fixaron o investimento para a xestión durante 8 meses, prevendo que o primeiro pago se realice en maio, tendo en conta os prazosegais para a contratación do modelo de xestión. Unha vez adxudicada a xestión, as beneficiarias comezarán inmediatamente os procesos de selección e formación do persoal, polo que, segundo as previsións do Consorcio, os parques de bombeiros estarán a pleno rendemento en maio.
Parques equipadosO Pleno tamén aprobou aicitación do derradeiro equipamento interno das instalacións contraincendios de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba por valor de 962.717 euros. O de Barreiros xa conta con este material: dende traxes de protección, ferramentas para o mantemento das instalacións e vehículos, equipos de escalada, material informático, e ata mobiliario para as oficinas.
Con respecto ó equipamento do parque móbil, na actualidade hai 21 vehículos, 12 adquiridos pola Deputación e 5 pola Xunta en 2008. A maiores, a semana que vén resolverase a contratación dos últimos: un vehículo autobomba urbanoixeiro, un de rescate de altura de 26 metros, e outro tamén de rescate de altura neste caso de 32 metros.
Con estas actuacións, o Consorcio valora que en maio os parques contarán cun total de 90 efectivos totalmente preparados. Haberá 18 por instalación: 11 bombeiros conductores, 6 xefes de quenda-conductores, e 1 xefe de servizo. Ademais, para entón, as instalacións contarán con todo o equipamento interno e externo necesario para o seu funcionamento. Polo que se refire ás obras, a Xunta informou que a semana que vén tamén se rematarán as do parque de Viveiro, o único que estaba pendente.
Volver
|