07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas
Estatísticamente os motivos máis frecuentes de saídas de emerxencia son osumes en vivendas ecais, que se producen entre as 19:00 e as 22:00 horas, en díasaborais
Nos dous primeiros meses do ano, o parque de Barreiros atendeu 17 incidencias, o de Vilalba 24, 17 o de Viveiro, 22 Sarria e 15 Chantada
Máis do 50% das actuaciónsevadas a cabo polo persoal dos parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo integrado ó 50% pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, son as deabores de extinción de incendios en vivendas ecais. Estatísticamente, á vista dos datos reflectidos nos informes de intervención correspondentes ós meses de xaneiro e febreiro, e que confirman aiña habitual dende a posta en marcha dos complexos, e tendo en conta a opinión experta dos bombeiros, a causa que está detrás da maior parte dos incendios atendidos é a acumulación de residuos nas chemineas. Un sinxelo e periódico mantemento sería suficiente para evitar futuros desastres, segundo estes bombeiros.
Así, as estatísticas reflectidas nos informes das actuacións destes dous primeiros meses de 2012, as saídas dos parques, provocadas por este ou calquera outro tipo de incidencias, arroxan datos curiosos e que dan boa mostra do nivel de actividades dos parques do Consorcio: as saídas prodúcense, principalmente, na franxa horaria comprendido entre as 19:00 e as 22:00 horas e en díasaborais. Nos seus desprazamentos, os vehículos de todos os parques percorreron un total de 22.266,9 quilómetros. O tempo de actuación, isto é, a suma do tempo transcorrido entre a chamada dos servizos de emerxencia ó parque, a chegada óugar do sinistro, as actuacións necesarias (sofocando un incendio, ventilando,impando, excarcerando ouiberando persoas atrapadas, atallando fugas de auga, etc.) e a volta ó parque é de 2 horas e 30 minutos, o que é un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas do territorioucense.
Máis datos
Os incendios en naves ecais non son as únicas intervencións dos máis de 100 bombeiros que desempeñan o seuabor nos parques comarcais, dando cobertura ó 90% do territorio da provincia. Entre xaneiro e febreiro, os cinco parques atenderon un total de 95 incidencias. Os informes indican que o parque de Barreiros atendeu 17 incidencias (5 en Foz, 4 en Mondoñedo e 4 en Ribadeo, 2 en Barreiros e 1 en Burela e Alfoz); 17 tamén foron as atendidas polo persoal do parque de Viveiro (14 delas en Viveiro, 2 en Cervo e 1 no Vicedo); pola súa banda, o de Vilalba deu cobertura a 24 emerxencias (8 en Rábade, 4 en Guitiriz e 4 en Xermade, 2 en Pastoriza, e 1 nos Concellos de Vilalba, Abadín e Begonte; o resto de actuacións tiveronugar fóra do ámbito de actuación dos parques. En canto os de Sarria e Chantada, o primeiro destes parques deu cobertura a 14 incidencias no Concello de Sarria, 1 en Baralla, 3 no Incio, 1en Bóveda, 1 en Folgoso do Courel, 1en Láncara e 1 en Cervantes. Pola súa banda, o persoal do parque de Chantada cubriu 7 emerxencias en Chantada, 2 no Saviñao e nos Concellos de Carballedo, Pantón, Taboada, Monterroso e Portomarín 1 en cada unha deles.
Estas urxencias, segundo a súa natureza, distribuíronse do seguinte xeito: 48 incendios en vivendas ecais, 8 rescates de persoas, 9 excarceracións, 5 fugas de augas ou gas, 5 incendios en vehículos, 7 incendios en contedores ou mobiliario urbano, 3 incendios forestais e 2 incendios en naves. O motivo menos frecuente de saídas foi aimpeza de estradas, polo que tan só se viron na obriga de facer 1 saída.
Volver
|