29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas
O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participaron este mércores nun simulacro de evacuación efectuado no CEIPde Covas por unha dotación do parque de bombeiros de Viveiro, un dos 5 complexosintegrados no Consorcio Provincial, que xestionan ó 50% Deputación e Xunta. Para oexercicio desenvolvido en Covas desprazouse un equipo de 5 bombeiros e dousvehículos -un BUL (Bomba Urbana Lixeira) e un Auto Escala-, e consistiu nodesaloxo dos 204 alumnos do centro educativo e dos seus traballadores ante unsuposto incendio. Tamén fixeron un rescate simulado dunha persoa atrapada nopiso superior do colexio, evacuada por unha fiestra utilizando o vehículo dealtura. Os efectivos do parque deViveiro despregaron así mesmo o tendido que sería necesario para a extinción dolume e, por outra banda, como demostración, realizaron un rappel invertido tomando a máxima altura de extensión que acada ovehículo Auto Escala.
Volver
|