30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación
A partires das 9:00 horas deste domingo, e durante as 24 horas dos 365 días ó ano, estarán en servizo os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada
104 profesionais atenderán alertas do 112 por incendios, inundacións, accidentes de tráfico, rescates, salvamento ou actividades de prevención en 50 Concellosucenses.
Este servizo é froito da creación do Consorcio Provincial de Bombeiros que, en 2008, impulsou a actual Deputación de Lugo xunto ó anterior Goberno galego.
Besteiro espera a resposta da Xuntago de propoñerlle publicamente en dúas ocasiónsgrar a cobertura no 100% da provincia de forma conxunta, asumindo ó 50% os custes.
Ás 9:00 horas de mañá poranse en marcha os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro, Viveiro, Sarria e Chantada. A esta hora, os xefes de servizo de ditas instalacións chamarán ó teléfono de emerxencia 112 para comunicar que dende entón, e durante as 24 horas dos 365 días ó ano, estarán en alerta ante calquera incidencia que aconteza en 50 Concellos. Isto supón, que o 90% dos veciñosucenses contarán con servizo contraincendios tras 24 anos de discriminación nos que Lugo foi a única provincia de Galicia que non dispuxo del.
Saldar este débeda histórica é froito da creación do Consorcio Provincial de Bombeiros que, en 2008, impulsou a actual Deputación xunto ó anterior Goberno galego. Neste data, ambas as dúas institucións ratificaron un convenio que establecía que a Xunta construiría os parques, mentres o organismo provincial se encargaría da adquisición do seu equipamento. Co cambio en San Caetano, as reunións do Consorcio paralizáronse ata febreiro cando, tras as reiteradas peticións da Deputación, a Xunta acudiu ó Pazo de San Marcos para celebrar unha nova reunión, aceptando a continuidade deste proxecto sen precedente en Lugo.
O traballoevado a cabo polo Consorcio nos últimos 3 anos permite que, este domingo, 5 novos parques de bombeiros, totalmente equipados, abran as súas portas. Contarán con 104 bombeiros distribuídos da seguinte maneira: 66 estarán nos parques de Viveiro, Vilalba e Barreiros (22 por complexo) e 38 en Sarria e Chantada (19 por complexo). Estes profesionais atenderán as alertas do 112 por incendios, inundacións, accidentes de tráfico, rescates, salvamento, actividades de prevención, etc.
Disporán de 20 vehículos, 4 por instalación: mando todo terreo, mixto de rescate e extinción, urbanoixeiro e bomba nodriza. O organismo provincial adquiriu 12 vehículos investindo 2.659.000 euros; 5 foron comprados pola anterior Xunta en 2008 por valor de 970.000 euros; e 3, dotados de 1.321.084 euros, polo Consorcio, é dicir, financiados ó 50% por ambas as dúas administracións.
O interior dos parques tamén conta co equipamento necesario (material informático, mobiliarios de oficinas, ferramentas, traxes de protección...) Nos casos das instalacións de Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria foi o Consorcio quen, recentemente, adicou 778.698 euros para a compra deste material. Barreiros xa contaba con el dende 2009, data na que a Deputación adiantou 1,3 millóns de euros para, a maiores, executar as obras de abastecemento de auga, subministro eléctrico, ademais das de acceso e peche da parcela. O complexo barreirense, malia estar construído dende 2004, non contaba con estes servizos.
Novo reto: o 100% da cobertura
Ditos medios persoais e materiais permitirán que os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro den cobertura a 25 Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove. Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a outros 25: Antas e Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela. Isto supón, a cobertura contraincendios no 90% da provinciaucense.
O ámbito territorial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dosímites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonómico.
O reto da Deputación, tal e comole trasladou publicamente o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ó Consellerio de Presidencia, Alfonso Rueda, en dúas ocasións –unha durante a visita ó parque de Vilalba no mes de febreiro, e outra a semana pasada en Santiagogo de entregar os diplomas ós bombeiros que remataron as 400 horas de formación especializada- é acadar o 100% da cobertura contraincedios na provincia. Besteiro xa reiterou que a Deputación está disposta a aportar a metade do investimento necesario, é dicir, a asumir o 50% dos gastos ó igual que ata o de agora co Consorcio Provincial de Bombeiros. O organismo provincial está á espera da resposta por parte da Xunta.
Volver
|