17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio
O Presidente salientou que “cando chegamos á Deputación atopámonos cun parque sen auga, senuz, sen equipamento e inaccesible. Por iso, un dos nosos compromisos foi a posta a punto destas instalacións, así como a creación dunha rede provincial de bombeiros”.
Logo de esperar durante meses aicenza de obras do Concello, o organismo provincialgrou que o de Barreiros fose o 1º parque en estar totalmente equipado.
Estas instalacións son as únicas que pertencen ó Consorcio tras a súa cesión por parte da Deputación. As de Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada seguen en posesión da Xunta sendo ó único trámite pendente para a súa posta en marcha.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este xoves as instalacións do parque de bombeiros de Barreiros ante a súa vindeira posta en marcha o 1 de maio. Trátase dunha infraestrutura construída en 2004 pero que nunca chegou a abrir as súas portas debido a paralización dos traballos por parte do anterior goberno provincial.
Gómez Besteiroembrou que “cando chegamos á Deputación atopámonos cun parque de bombeiros sen dotación de auga, senuz, sen equipamento e totalmente inaccesible. Por iso, un dos nosos compromisos foi a posta a punto destas instalacións, así como a creación dunha rede provincial de bombeiros que rematase coa discriminación que sufría Lugo, a única provincia galega que non contaba cun servizo contraincendios. Grazas ó anterior Presidente da Xunta que puxo en marcha connosco o Consorcio Provincial de Bombeiros, e o actual Goberno galego que soubo proseguir co noso gran proxecto, en pouco máis dun mes as instalacións de Barreiros, xunto ás de Viveiro e Vilalba darán cobertura ó 100% da zona norte da provincia”.
Mentres esta Deputación esperou durante meses aicenza de obras por parte do Concello de Barreiros,evou a cabo os traballos de remozado e pintura das paredes do inmoble, así como outrosabores de pequena envergadura. Unha vez que o municipio accedeu á concesión dos permisos necesarios, o organismo provincial puido executar as obras de abastecemento de auga, subministro eléctrico, ademais das de acceso e peche da parcela.
Con estas actuacións, xunto á adquisición dos vehículos, a Deputacióngrou que o parque de Barreiros fose o primeiro en estar totalmente equipado. Isto supuxo un investimento de máis de 700.000 euros dos cales 500.000 euros aportounos a institución provincial, wwww euros o anterior Goberno galego en 2008, e o restante o Consorcio. Deste xeito,go da cesión da Deputación ó Consorcio dos vehículos adquiridos, no seu interior xa se atopan 1 camión bomba de altura, 1 camión nodriza, 1 camión BUL, e 1 vehículo de mando.
Asimesmo, o parque de Barreiros era o único que estaba en posesión da Deputación e agora, tamén é o único que pertence ó Consorcio xa que o organismo provincial cedeu estas instalacións ó órgano integrado polo Xunta e a instituciónucense. Nembargantes, os parques de Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada seguen en mans do Goberno galego. Neste senso, Besteiro reclamou á Xunta celeridade nos seu trámites xa que esta é a única cuestión que queda por pechar para garantir a posta en marcha da rede provincial de bombeiros o 1 de maio.
22 novos empregos
A posta en marcha do parque de Barreiros supón ademais a incorporaciónaboral de 22 persoas que o vindeiro 26 de abril rematarán o proceso de 400 horas de formación estando preparados para comezar a súa actividade. Co obxectivo de reforzar a cobertura contraincendios, o Consorcio incrementou en 2, no caso de Barreiros, o número de postos de emprego con respecto á previsión inicial.
Esta instalación dará cobertura ós seguintes Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove.
O ámbito territorial adscrito terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dosímites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonómico. A prestación do servizo para toda a provincia incluirá: incendios, inundacións, accidentes de circulación, rescates, salvamento, actividades de prevención, etc.
Volver
|