> Actualidade

28/02/2011

A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

Besteiro e Feijóo visitaron as instalacións de Vilalba o mesmo día no que o Pleno do Consorcio acordou as derradeiras adxudicacións do organismo provincial: o equipamento interno e un sistema para o aviso inmediato de emerxencias nos 67 Concellos.


Gómez Besteiro demandou a Núñez Feijóo cofinanciación para afrontar a cobertura da Montañauguesa, entre outras, o que garantiría a seguridade do 100% da provincia.

“Despois de 24 anos sen servizo contraincendios, esta Deputación cumpriu. Confío en que sigamos unidos no novo reto: a cobertura total da provincia”, subraiou o Presidente da Deputación.


A Deputación concluirá esta semana a dotación de todos os parques da provincia despois de que o Pleno do Consorcio de Bombeiros acordara esteuns as derradeiras adxudicacións competencia do organismo provincial para abrir as instalacións de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria o 1 de maio. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, deu a coñecer o cumprimento da totalidade correspondente á Deputación no día en que visitou o parque de bombeiros de Vilalba co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. “Hoxe eu non sería un bo Presidente da provincia e do Consorcio se me conformase co feito. O noso obxectivo é o 100% da cobertura contraincendios da provincia. A Deputación está disposta a aportar a metade do investimento sempre e cando a Xunta cofinancie, comole corresponde, o outro 50%”, anunciou Gómez Besteiro na súa intervención diante do Presidente da Xunta.

Gómez Besteiro subraiou que “na mañá de hoxe, a Deputación cumpre coa súa parte e ten todoisto para abrir os parques o 1 de maio, despois de 24 anos sen cobertura contraincendios e saldando unha débeda histórica que só quedaba pendente na provincia de Lugo, igual que fixemos traspasando os hospitais ó SERGAS”. Besteiro afirmou: “é de ben nacidos ser agradecidos. Igual que vostede agradeceu a Emilio Pérez Touriño a celeridade na construción do novo hospital de Lugo, eu quero agradecerlle ó anterior Presidente da Xunta que puxera en marcha con nós o Consorcio Provincial de Bombeiros, desbloqueando a construción dos parques que, inexplicablemente,evaba décadas atascada e privaba da mínima seguridade ós veciños desta provincia”. Gómez Besteiro tamén tivo palabras de agradecemento para “o actual Presidente da Xunta e para o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, co que tiven total sintonía. Continuamos traballando xuntos, o que hoxe nos permite visitar instalacións coma esta e, unha vez que o goberno autonómico ceda os edificios ó Consorcio, iniciar o noso cometido”.

Para que a Xunta cumpra coa súa parte no Consorcio debe axilizar os tramites para ceder as instalacións de: Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba. As de Barreiros, construídas polo organismo provincial, xa pertencen ó Consorcio porque a Deputación tamén axilizou a súa cesión. “Despois de 24 anos sen servizo contraincendios, esta Deputación cumpriu. Confío en que sigamos unidos no novo reto: a cobertura total da provincia”, subraiou o Presidente da Deputación.
Besteiro destacou que “tamén é unha boa nova crear emprego en Vilalba, que terá proximamente 48 traballadores máis: 22 no parque de bombeiros e 26 empregados que iniciarán a principios de marzo o seu contrato co programa Lugo Emprega, financiado pola Deputación de Lugo”.

Acordos do Pleno de hoxe
A sesión plenaria do Consorcio, que tivougar esta mañá no Pazo de San Marcos, aprobou a adxudicación do equipamento interno dos parques de bombeiros de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba por valor de 778.698 euros. O de Barreiros xa conta con este material: traxes de protección, ferramentas para o mantemento das instalacións e vehículos, equipos de escalada, material informático, mobiliario para oficinas, etc. As restantes instalacións estarán totalmente dotadas no prazo dun mes. Ademais, o Pleno tamén acordou a contratación esta semana dun sistema de radio dixital por valor de 152.542 euros que comunica todos os parques de bombeiros, así como o persoal dende calquera punto da provincia. Para elo, instalaranse repetidores e enlaces que, no caso dunha emerxencia nos 67 Concellosucenses, alertarán simultaneamente ás sedes das instalacións contraincendios e a todos os vehículos, independentemente da súa situación xeográfica. É dicir, non existirán espazos de sombra. Este sistema, que garante a comunicación total na provincia, estaráisto no mes de abril. Para asegurar a plena operatividade, os bombeiros recibirán formación sobre o emprego das terminais fixas instaladas nos parques e dos móbiles correspondentes ós vehículos.

Vehículos nos parques
Con estas derradeiras adxudicacións, a Deputación conclúe o cometido do que era responsable. O Consorcio Provincial de Bombeiros, asumido ó 50% polo organismo provincial e o Goberno galego, acordou no 2008,go da sinatura dun convenio entre a actual Deputación e o anterior Executivo autonómico, que a primeira se encargaría da adquisición do equipamento para os parques e o segundo daicitación e execución das obras. Trátase dun acordo sen precedentes que puxo fin á situación de abandono que sufría Lugo ó non contar, a diferenza de todas as provincias galegas, cun servizo de extinción de incendios.

Desde o acordo, a Deputación xa cedeu ó Consorcio 17 vehículos: 12 adquiridos polo equipo de Goberno provincial nos que investiu 2.659.000 euros, e 5 comprados pola anterior Xunta en 2008 para os que achegou 970.000 euros. A súa distribución é a seguinte: 3 en Barreiros (mando todo terreo, urbanoixeiro e bomba nodriza); 4 en Chantada (mando todo terreo, mixto de rescate e extinción, urbanoixeiro e bomba nodriza); 2 en Sarria (mando todo terreo e bomba nodriza); 4 en Vilalba (mando todo terreo, mixto de rescate e extinción, urbanoixeiro e bomba nodriza); 4 en Viveiro (mando todo terreo, rescate en altura, urbanoixeiro e bomba nodriza). Ademais hai outros 3 vehículos (2 camións de rescate en altura de 32 metros, e un camión BUL) que foron adquiridos polo Consorcio por valor de 1.321.084 euros. En total, suman 20 vehículos, 4 por parque.

123 bombeiros contratados
Os 123 bombeiros contratados polo Consorcio rematarán o próximo 26 de abril o proceso de 400 horas de formación, estando preparados para comezar a súa actividade. Co obxectivo de reforzar a cobertura contraincendios, o Consorcio incrementou en 9 o numero de postos de emprego con respecto á previsión inicial. Deste xeito, cada parque terá sempre un mínimo de entre 19-22 bombeiros, garantindo o servizo as 24 horas e os 365 días ó ano.

Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro darán cobertura a 25 Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove. Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a outros 25: Antas e Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela. Isto supón, a cobertura contraincendios no 90% da provinciaucense.

O ámbito territorial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dosímites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonómico. A prestación do servizo para toda a provincia incluirá: incendios, inundacións, accidentes de circulación, rescates, salvamento, actividades de prevención, etc.




Volver

27/05/2021
El Presidente felicita a los bomberos de Vilalba por su actuación en el incendio de la nave de Jamones Otero

05/05/2021
Los bomberos apagaron el fuego en una chimenea en Landrove

03/05/2021
El Consorcio de bomberos invierte cerca de 45.000€ en un equipo de excarcelación para el Parque de Viveiro

12/04/2021
Alumnos del Ceip Mato Vizoso crean una pictoguía con servicios de Vilalba

23/03/2021
El Consorcio de Bombeiros mejorará su capacidad de actuación con dos nuevos furgones de salvamento 4x4

25/02/2021
Incendio en Prodeme: «O dano foi pouco para o que podía ser»

12/02/2021
El Consorcio de Bomberos renueva los trajes de protección de sus efectivos con una inversión de más de 155.000 €

14/01/2021
Los bomberos del parque de Vilalba realizaron 400 intervenciones en 2020

17/08/2020
Los bomberos de Vilalba rescatan 20 cerdos de una fosa séptica en Guitiriz

22/07/2020
El parque de bomberos de Monforte amplía su equipamiento con un nuevo vehículo de mando de emergencias

08/07/2020
La Diputación empezará mañana en Ribadeo la desinfección preventiva de las residencias

20/05/2020
Teléfonos de contacto para los parques de Barreiros, Vilalba y Barreiros

08/05/2020
Los parques de Bomberos de Viveiro y Barreiros desinfectan 13 centros asistencias de A Mariña

07/05/2020
Los bomberos de Monforte asumen la desinfección de los edificios públicas

07/05/2020
Los 6 parques de bomberos desinfectan los exteriores de 50 centros asistenciales de la provincia por iniciativa del Presidente

24/02/2020
Los más pequeños aprende a como actuar en caso de incendio gracias a los bomberos de Vilalba

05/02/2020
Los bomberos del parque comarcal vilalbés realizaron más de 300 salidas en 2019

31/01/2020
Simulacro en el CEIP de Baamonde

31/01/2020
El Parque de Bomberos de Viveiro organiza una jornada de prevención de fuegos domésticos

21/01/2020
Bomberos y Policía Nacional de Viveiro enseñan a vecinos a evitar fuegos en casa

10/01/2020
Los bomberos del Consorcio acompañan a los Reyes Magos en su visita a Sarria

03/01/2020
El parque de bomberos de Viveiro recoge cerca de 500 kilos de comida en la jornada de puertas abiertas

20/12/2019
El parque de bomberos de Viveiro organiza una jornada de puertas abiertas para colaborar con el Banco de Alimentos

28/11/2019
El Consorcio de Bomberos puede hacer 335.000€ de inversión gracias a los ahorros alcanzados con la gestión directa

01/10/2019
El Presidente visita al personal de los diferentes servicios de la Diputación

10/09/2019
José Tomé, elegido presidente del Consorcio Provincial de Bomberos de Lugo

12/02/2019
Aprobada la propuesta de Campos para la gestión directa de los parques de bomberos, ahorrando 260.000 euros y mejorando las condiciones laborales de los 117 profesonales.

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo