22/09/2015
INFORMACIÓN PÚBLICA
O Pleno do Consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo de incendios e salvamento, na súa sesión do día 22 de setembro de 2015, acordou, ao abeiro de canto se establece pola Disposición Adicional segunda do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, en relación co 21 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, que a composición xenérica da Mesa de Contratación para intervir en todos os procedementos de contratación do Consorcio, teña a seguinte composición:
PRESIDENTA
A Presidenta do Consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo de incendios e salvamento, dona María Elena Candia López.
VOGAIS
O Deputado delegado da Área de Economía, recadación e facenda, don José Demetrio Salgueiro Rapa.
O Director Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, don Luis Menor Pérez.
O Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación da Vicepresidencia e Consllería de Presidencia, don José Antonio Fernández López.
O Secretario-interventor do Consorcio.
SECRETARIO
Un funcionario do Servizo de Contratación da Deputación Provincial.
Os suplentes dos funcionarios de carreira serán os que corresponda estaturiamente e, no seu caso, designe a Presidencia do Consorcio.
Serán suplentes dos representantes da Deputación provincial e da Xunta de Galicia as persoas que regulamentariamente corresponda.
Lugo, 22 de setembro de 2015.
A PRESIDENTA DO CONSORCIO
María Elena Candia López
INFORMACIÓN PÚBLICA
Volver
|