Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Despregamento para rescatar a unha muller que se precipitou por un barranco en Baleira

  • Foi trasladada ao hospital en estado grave tras caer por un gran desnivel

O rescate dunha muller que caeu por un barranco en Baleira, nunha zona limítrofe co concello da Fonsagrada, obrigou a despregar un amplo operativo no que participaron Bombeiros de Sarria, Protección Civil, Garda Civil e servizos sanitarios.

Debido á dificultade de acceso, polo escarpado do terreo, o 061 solicitou a mobilización do helicóptero Pesca II, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención, xa que cando chegou ao lugar, os bombeiros xa conseguiran chegar ata a ferida, trasladándoa a unha zona accesible, onde unha ambulancia recolleuna e levouna ao hospital de referencia en estado grave.

As circunstancias do suceso non están claras, pero todo apunta a que foi un familiar da muller quen alertou ao 112 tras localizar o seu coche estacionado na estrada e temer que puidese precipitarse polo desnivel.

Ante condutas de risco suicidas, o Ministerio de Sanidade lembra que está dispoñible o teléfono 024, un servizo gratuíto e confidencial ao que poden chamar tanto as persoas con pensamentos ou ideación suicida como os seus familiares e achegados.

Configuración accesible