Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Arde unha embarcación deportiva no muelle de Celeiro

Acudiron os bombeiros, Policía Local e Nacional e persoal de Portos

  • O pobo mariñeiro de Celeiro vive con emoción a súa procesión marítima

Unha embarcación deportiva ardeu este domingo pola tarde no seu amarre no pantalán para este tipo de barcos no porto de Celeiro, en Viveiro.

O 112 recibiu o aviso de particulares tras observar unha densa fumareda negra cara ás cinco da tarde e mobilizou aos bombeiros de Viveiro, que acudiron con dúas dotacións. Ao momento tamén foron Policía Local, Policía Nacional e persoal de Portos de Galicia.

Non houbo que lamentar danos persoais aínda que si cuantiosos materiais na embarcación, que unha vez extinto o lume foi trasladada á mariña seca.

Configuración accesible