Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Arde por completo un vehículo na A-8 ó seu paso por Vilalba

A persoa que conducía logrou saír do coche, que ardeu por completo, antes de que o lume estenderase.

Un vehículo quedou completamente calcinado tras incendiarse cando circulaba pola A-8 ó seu paso por Vilalba. A persoa que conducía non sofreu danos, ao poder saír do turismo antes de que as chamas propagáranse.

O 112 recibiu a chamada dun particular sobre as 17.30 horas da tarde do pasado domingo, advertindo que un coche incendiábase á altura do KM 574 da Autovía do Cantábrico, en sentido Baamonde. Indicaba que non había persoas afectadas.

Dende a central de emerxencias mobilizan á Garda Civil de Tráfico e ós Bombeiros do Parque Comarcal de Vilalba, que non puideron facer nada para salvar o turismo, polo que adicáronse a sufocar o incendio e impedir que se propagase ou puidese provocar outros danos.

Configuración accesible