Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

Consorcio Provicncial de Lugo

Accidente en Sober: os bombeiros tiveron que cortar un poste para salvar á conductora

A muller, trasladada en ambulancia ao hospital comarcal, sufriu unha saída de vía co coche e, ainda que estaba consciente, no era capaz de saír polo seu propio pé.

Os bomberiso de Monforte tiveron que cortar un poste de ferro para abrir a porta dun coche e sacar á única implicada nun accidente rexistrado na mañá deste xoves en Sober. A condutora foi evacuada en ambulancia ao hospital comarcal.

O 112 recibiu ás 10.15 horas a chamada dun particular informando de que un vehículo acababa de impactar contra o poste en cuestión no lugar de Arxemil, parroquia de San Martiño de Anllo. A muller perdeu o control do coche e saíuse da vía. Tras o impacto permaneceu consciente no interior do vehículo, pero incapaz de saír polos seus propios medios.

Os bombeiros procederon ao corte e retirada do poste para abrir a porta e axudar á vítima para saír. Ata o lugar dos feitos foron mobilizadas as urxencias sanitarias do 061, que efectuaron o traslado en ambulancia da condutora a Monforte, e a Garda Civil de Tráfico.

Configuración accesible