> Actualidade

20/05/2010

Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

O titular provincial anuncia que a principios de xuño se reunirá o Consorcio, integrado pola Deputación e a Xunta de Galicia.


Dende a creación do Consorcio en 2008, a Deputación realizou investimentos para a posta en marcha dos parques por valor de máis de 3,8 millóns de euros.

O titular provincial destacou a normalidade coa que transcorriu a concentración que partiu dende a rúa Monte Faro, con parada diante do edificio da Xunta e rematou na praza de San Marcos.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves na Sala de Xuntas ós representantes dos tres Sindicatos - Comisión Obreiras, UXT e CIG- convocantes da manifestación de bombeiros de toda Galicia que partiu da rúa Monte Faro, con parada diante do edificio administrativo da Xunta, e rematou na praza de San Marcos. Gómez Besteiro anunciou que a principios de xuño está previsto que se reúna o Consorcio "porque a vontade da Deputación é desplegar coa máxima celeridade a rede provincial de bombeiros. Calquera cuestión ten que ser plantexada nesa reunión. O outro socio tamén ten moito que dicir, xa que representa o 50%. Ademais, hai que abordar outras cuestións como a formación dos traballadores e planificación. De todos os xeitos, a Deputación está a traballar no Consorcio actual baseado en que independentemente de onde se produza a incidencia a provincia ten que estar controlada".

Gómez Besteiro, quen destacou a normalidade coa que transcorriu a concentración, explicoulles os pasosevados a cabo pola Deputación dende a posta en marcha do Consorcio en 2008. Deste xeito, o organismo provincial realizou investimentos por valor de 3.842.000 euros. Desta cantidade, 2,6 millóns foron para a adquisición de 12 vehículos (5 mandos todo terreo, 1 de rescate en altura, 2 mixtos de rescate e 4 urbanosixeiros); 264.822 euros para equipamento xeral do parque de Barreiros; e 952.000 euros que é a aportación que realizou a Deputación ó Consorcio.

"Hai tres anos non había este tema para discutir porque enriba da mesa non existían nin recursos nin vontade política do Partido Popular para poñer en marcha esta rede". A este respecto, Gómez Besteiro subliñou que "foi a Deputación a que puxo en valor o parque de Barreiros, que nin sequera tiña traída de auga, o cal é sorprendente nunha instalación destas características".

Asimesmo, recoñeceu que este é un modelo único en Galicia, "polo que se se quere mudar hai que poñelo enriba da mesa. Antes isto non formaba parte da axenda política do Partido Popular. Ademais, fronte a un modelo anterior no que a aportación rondaba entre o 15 e o 20%, garantizamos que os Concellos non aporten nin un só euro. Isto é importante porque agora que se cifran políticas de aforro, esta é unha das que segue a Deputación de Lugo".

Situación dos parques
Gómez Besteiro indicou que en 2010 abriranse as instalacións de Barreiros, Chantada, e Sarria. Proximamente rematarán as actuacións no parque de Vilalba e, a finais de ano, as de Viveiro, para que ambos os dous estén en funcionamento en 2011. Con respecto ó de Monforte, reiterou o compromiso de integrar este parque no Consorcio. Neste caso, un equipo técnico composto por representantes da Deputación e da Xunta visitou en febreiro as instalacións para avaliar as necesidades que ten esta infraestrutura, co obxectivo de proceder á súa integración.

Polo que se refire a Lugo, en marzo técnicos da Deputación, Xunta e Concello participaron nunha mesa de traballo para buscar fórmulas xurídicas que permitan a prestación de servizos á área de Lugo.

O 12 de febreiro de 2010 o Consorcio aprobou o Orzamento para este ano, que ascende a 1.815.539 euros, de tal xeito que cada ente consorciado se compromete a aportar o 50% (907.394 euros).
Respaldo dos Sindicatos á Deputación

Logo da xuntanza, as tres forzas sindicais manifestaron o seu respaldo á xestiónevada a cabo polo Presidente da Deputación. O representante de Comisións Obreiras, Castor Fernández, subliñou que "o Presidente manifestou que entendía a nosa preocupación, polo que dixo que a Deputación vai se consecuente coa creación deste Consorcio. No resto de Deputacións este servizo está privatizado e parece que a Xunta agora quere modificar os Estatutos no caso da de Lugo. O Presidente deunos a súa palabra de que vai aguantar co Consorcio".

Humberto Paz de UXT subraiou o carácter pacífico da manifestación, mentres que o representante da CIG, Xavier Picón, destacou que "se nos trasladou que a Deputación se vai manter firme neste modelo. Válenos a palabra do Presidente. Esta actitude debería de trasladarse a outras institucións provinciais".




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo