> Actualidade

03/03/2010

Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

Na xuntanza definíronse asiñas a seguir polo municipiougués: estudar a viabilidade xurídica da colaboración, as ordenanzas a modificar, e a elaboración dun informe técnico das necesidades materiais e persoais do parque da capital.


O obxectivo é garantir a cobertura en materia de extinción de incendios á área de Lugo, formada polos 7 Concellosimítrofes, máis o de Rábade

Díaz Valiño subliña que "o motivo da xuntanza é que non quede ningunha zona escura na provincia ante imprevistos que obriguen ós bombeiros a desprazarse a calquera Concello"

Técnicos da Deputación, Xunta e Concello de Lugo participaron este mércores nunha mesa de traballo na que se abordou a posible prestación de servizos do parque da cidade á área de Lugo e buscar as fórmulas xurídicas que permitan a comarcalización, de xeito que se garanta a cobertura en materia de extinción de incendios a esa zona da provincia. O Deputado da Rede Viaria Provincial e representante no Consorcio Provincial de Bombeiros, Juan José Díaz Valiño,embrou que “hai dúas semanas celebrouse o Pleno no que se falaba de tratar de chegar a un acordo cos Concellos que xa teñen parques, é dicir, os de Monforte de Lemos e de Lugo, de forma que non quede ningunha zona escura na provincia ante calquera imprevisto que obriguen ós bombeiros a desprazarse a calquera dos municipios que forman a provincia”.

Neste senso, Valiño apuntou que “neste marco de colaboración tivemos unha xuntanza en Monforte hai uns días no que vimos a absoluta disposición por parte deste municipio a integrarse no Consorcio, e se fixo unha análise dos medios materiais e humanos do seu parque. A intención de hoxe é que o municipiougués colabore neste Consorcio para dar un paso adiante e a provincia esté totalmente atendida na prevención de incedios”.

O Concelleiro de Protección da Comunidade e representante do Concello nesta xuntanza, José Rábade, amosou a disponibilidade en participar por parte do municipio da capital ó tempo que explicou as 3 vías a seguir: estudar a viabilidade xurídica da colaboración, é dicir se esta se fai a través de convenio ou de integración no Consorcio; tipo de ordenanzas a modificar; e elaboración dun informe técnico das necesidades de persoal e material que tería a mariores o parque da capital. Neste senso, apuntou que “se o informe e a vía xurídica son asequibles entraríase a negociar cos integrantes dos parques de bombeiros para estudar a posible implicación”.

O Concelleiro destacou, ademais, que os traballadores son municipais, polo que a súa disponiblidade ten que ser condición indispensable na negociación. O que se trata é de que o parque de Lugo cubra parte das necesidades do Consorcio na área de Lugo, que está formada polos 7 Concellosimítrofes: Corgo, Friol, Pol, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Castroverde, Guntín e Rábade. Nesta prestación tamén se inclúe o municipio de Rábade.

Na xuntanza tamén se fixou unha nova reunión para mediados deste mes na que se dará conta do informe que elaborarán os técnicos do Concello de Lugo e se definirán novos pasos a seguir na posta en marcha dos parques. A este respecto o Deputado provincialembrou que “en 2010 abriranse as instalacións de Barreiros, Chantada, e Sarria. Asimesmo, en maio rematarán as actuacións no parque de Vilalba e, a finais de ano, as de Viveiro, para que ambos os dous estén en funcionamento en 2011.

Ademais do Deputado provincial e do Concelleiro da Protección da Comunidade, na mesa de traballo tamén participaron o Subdirector Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, José Antonio Fernández, o Secretario Xeral do Consorcio, José Antonio Mourelle, e o Secretario e a Xefa de Persoal do Concello de Lugo, Luis Regal e Marta López.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo