> Actualidade

25/06/2010

Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

O Presidente e o Conselleiro salientan que o Consorcio dará conbertura contraincendios ó 100% da provincia as 24 horas dos 365 días do ano


Gómez Besteiro adianta a plena disposición deste órgano para integrar o parque de Monforte á rede provincial, e o comezo dos traballos para cubrir a Montaña

Dende a posta en marcha do Consorcio, ambas administraciónsevan investidos 7,2 millóns de euros na adquisición de material e nas obras de construción e acondicionamento

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, presidiron este venres o cuarto Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que avanzaron os trámites para garantir a posta en marcha da rede provincial de bombeiros o vindeiro 1 de xaneiro. Besteiro e Valenzuela salientaron que en 2011 o Consorcio provincial dará conbertura contraincendios ó 100% da provincia, ofrecendo un servizo de emerxencia as 24 horas dos 365 días do ano.

Durante o encontro, o Consorcio acordou a modificación dos Estatutos que rexe este órgano. Logo da proposta da Xunta de Galicia, esta entidade decidiu cambiar o modelo de xestión e incluír a xestión indirecta. Neste senso, Gómez Besteiro salientou que “este modelo, segundo mantén a Xunta, é o máis axeitado xa que se uniformiza co sistema que hai en toda Galicia. O interese fundamental é a posta en marcha de forma inmediata dos parques de bombeiros para que, por primeira vez, Lugo conte cunhas instalacións anti-incendios modernas, e que atendan á provincia”.

Galicia conta cun total de 24 parques comarcais: 10 na Coruña, 5 en Pontevedra, 3 en Ourense, e 6 en Lugo. Todos, a excepción do de Silleda, teñen xestión indirecta. Neste senso, ambos mandatarios explicaron que “este sistema non quere dicir que non sexa público xa que, quen marca as pautas, toma as decisións e ten o control dos parques, é a Administración. Isto quere dicir que mantemos o caracter público e o control público”. Ademais, o Conselleiro destacou “a plena satisfacción e o bo funcionamento” das instalacións galegas con este sistema, e engadiu que este cambio “é unha boa noticia para a provincia porque avanzamos no proceso que permitirá a Lugo contar cuns parques á altura dos mellores en España”.

A modificación dos Estatutos, que foi aprobada polo Pleno sen ningún voto en contra, deberá ser agora ratificada tanto pola Deputación como pola Xunta parago, sacar a concurso a contratación deste servizo. A adxudicataria deberá empregar a unhas 100 persoas, aproximadamente 20 por cada parque. Da mesma forma, o cambio do texto recolle que a presidencia do Consorcio se rote cada 2 anos, e que a sede oficial do Consorcio se instale na Deputación de Lugo.

Integración do parque de Monforte
Gómez Besteiro destacou a plena disposición do Consorcio para que o parque de bombeiros de Monforte forme parte da rede provincial. Neste senso,embrou que o Concello deberá agora cumprir coa súa parte, é dicir, que a resolución do persoal que actualmente está traballando deixe de facelo, e así o Consorcio comece coa mellora das súas instalacións. Precisamente, en febreiro un equipo técnico formado por representantes do organismo provincial e o Executivo galego avaliou as necesidades desta infraestrutura, e concluíu que era necesario comprar varios vehículos para a total cobertura da Comarca. Da mesma forma, o Presidente da Deputación adiantou que nos vindeiros meses comezarán os traballos para asegurar tamén a cobertura á zona da Montañauguesa.

7,2 millóns para o Consorcio
O Consorcio deu conta ademais dos investimentos feitos por ambas as dúas administracións dende a posta en marcha deste órgano que ascenden ós 7.188.680 euros. Desta cantidade, a Deputación adicou 3.842.157 euros para a adquisición de 5 vehículos de mando todo terreo (174.950), 1 camión de rescate de altura (481.400), 2 camións mixtos de rescate-extinción (990.851), 4 camións de primeira intervención (978.124), bombas nodrizas (32.949); así como para o equipamento do parque de Barreiros (231.877), máis a aportación ó Consorcio en 2009 (952.000). Pola súa banda, o Goberno autonómico desenvolsou 3.346.523 euros para a compra de 5 camións nodriza (966.500), a construción e o acondicionamento dos parques de Chantada (650.580), Sarria (734.817), Vilalba (622.800) e Viveiro (811.826), ademais da aportación feita o ano pasado ó Consorcio (160.000).

Besteiro e Valenzuela deron conta ademais da situación destas instalaciónsembrando que os parques de Barreiros, Sarria, e Chantada estánistos, mentras que nos vindeiros meses se rematarán as obras no de Vilalba, e en novembro no de Viveiro.

Na reunión participaron, ademais do Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia, a Delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Santiago Villanueva; o Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación do mesmo departamento, José Antonio Fernandez López; o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao; o Alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente; o Alcalde de Chantada, Manuel Taboada; o Alcalde de Sarria, Claudio López Garrido; o Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado; e o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel. Como deferencia, tamén estivo presente o rexidor de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, que, malia non ser membro da entidade, acordouse a súa invitación.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo