> Actualidade

03/10/2008

A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

Antonio Gato anuncia que se estudará a contratación unha póliza de responsabilidade civil para cubrir as reclamacións patrimoniais por accidentes en vías provinciais


A Xunta de Goberno deste venres aprobou a adxudicación definitiva de cinco bombas nodriza que se destinarán ó Consorcio provincial de bomberios, en concreto, ós parques de Barreiros, Chantada, Sarria, Vilalba e Viveiro. Cada vehículo adxudicouse por un importe de 193.300 euros. As bombas nodriza formarán parte da dotación material do Consorcio provincial que asumen ó 50% a Deputación de Lugo e a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para atender as emerxencias dos veciños da provincia.

Ademais, o órgano de goberno provincial aprobou as adxudicacións definitivas de cinco contratos de roza das estradas provinciais correspondentes ós concellos de Abadín, Xermade, Vilalba, Guitiriz, Rábade, Lugo, Outeiro de Rei, Cospeito, Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Meira, Pastoriza, Baralla, As Nogais, Cervantes, Triacastela, O Courel, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Bóveda, Ribas do Sil, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Muras, Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá, Trabada e Ribadeo. As cinco adxudiacións suman un total de 339.069 euros.

Reclamacións patrimoniais
Por outra banda, a Xunta de Goberno acordou que os servizos técnicos elaboren un estudo sobre as reclamacións patrimoniais á Deputación por mor de accidentes de tráfico en vías provincias. Segundo anunciou o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, convocarase un concurso para contratar cunha empresa de seguros unha poliza de responsabilidade civil. Gato Soengas dixo que “se constata que o procedemento actual, no que sempre se recurre á vía xudicial, non é o máis axeitado para os intereses económicos da Deputación nin tampouco para os cidadáns”.

O voceiro do PSOE dixo que “haberá reclamacións que non poidan ser atendidas porque os demandantes non estean no seu dereito e, polo tanto, aí si cabe a posibilidade de que se siga a vía actual do recurso contencioso-administrativo; pero haberá casos nos que a demanda se acepte incialmente, como ocurre nalgún Concello da provincia, porque o que reclama teña a razón. Nestes casos será á aseguradora a que faga efectiva a indemnización sen ter que ir ó contencioso nin esperar tres anos para cobrar”.

Na Xunta de Goberno deuse conta, precisamente, dun fallo da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se desestima o recurso de apelación presentado pola Deputación contra unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo sobre unha reclamación de responsabilidad patrimonial por una accidente de circulación ocurrido na estrada de LU-P 6201 “Triacastela-Guilfrey” a consecuencia da presenza de sustancias deslizantes sobre a calzada. A Deputación deberá aboar 40.628 euros, máis intereses, ós dous usuarios do vehículo polasesións sufridas.
Acordos en Sudamérica
Por outra banda, na xuntanza de hoxe ratificouse un dos acordos acadados polo Presidente da Deputación de Lugo durante a súa viaxe institucional a Sudamérica. Trátase do convenio marco de cooperación entre a Deptuación de Lugo e a Fundación arxentina EMPRETEC- da que forma parte o Banco dea Nación de Argentina- asinado polo Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, o 11 de setembro en Bos Aires e que está destinado á comunidadeucense residente en Arxentina.

O obxectivo deste acordo é establecer vínculos de cooperación e asistencia técnica en distintos aspectos relacionados co desenvolvemnto emprendedor, a creación de empresas e a competitividade das PEMES.

Con repecto ás críticas do Partido Popular á viaxe de Gómez Besteiro a Argentina, Uruguai e Venezuela, Antonio Gato recomendou ó voceiro desta formación “que chame ó Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para pedirlle explicacións sobre a súa vindeira viaxe a Sudamérica que inclúe unha axenda de traballo moito menos apretada que a de Gómez Beaterio”. Gato Soengas afirmou que “o señor Barreiro xa meteu a pata cando se anunciou a viaxe e falou dunha finalidade electoral. Ata o de agora non oín que pedise disculpas. Ademais, amosou un desinterese total ó ausentarse do Pleno cando o Presidente daba detallada conta da súa viaxe en responsta a unha pregunta, precisamente, do PP”.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo