> Actualidade

03/12/2007

A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

Deputación e Xunta de Galicia investirán 9 millóns de euros na creación de 5 parques.


O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeo, acadaron hoxe un principio de acordo para a creación dunha Rede Profesional de Parques de bombeiros baixo a dirección dun Consorcio Provincial que se constituirá nas vindeiras semanas. O máximo responsable da Deputación dixo que “este é un día histórico para a provincia porque partimos de cero, dunha situación na que non había ningún parque de bomberios, e iso e bo que se saiba”. O Conselleiro da Presidencia subliñou, pola súa banda, que “houbo un cambio de rumbo absoluto con respecto á situación anterior, o que permitirá a creación dun servizo fundamental para os habitantes desta provincia”.

José Ramón Gómez Besteiro e José Luis Méndez Romeo fixeron este anunciou durante a primeira visita oficial que realizou o máximo responsable da Consellería da Presidencia á Deputación de Lugo desde a toma de posesión do novo equipo de goberno. O Presidente provincialembrou que xa recibiu unha chamada do Conselleiro durante a súa primeira semana no cargo para falar sobre este tema “o que demostra que o interese sobre a rede provincial de bombeiros é recíproco”

Os dous responsables avanzaron que a Deputación e a Xunta de Galicia investirán 9 millóns de euros nos vindeiros anos, e que cada administración aportará o 50% do financiamento total da nova rede provincial de parques de bombeiros. “Esto supón que os Concellos non terán que aportar nin un só euro, e que a Deputación asumirá a parte que inicialmente estaba previsto que aboasen as entidadescais”, dixo o Presidente Provincial, quen fixo un chamamento “áealdade e a corresponsablidade dos Alcaldes e Alcaldesas, xa que esta rede supón un apoio directo ós Concellos”. José Ramón Gómez Besteiro afirmou que “é unha cuestión de prestixio que se poida garantir os servizos públicos á cidadanía, e ademais é unha prioridade política fixar esa rede de parques para atender ós veciños da provincia cando aconteza calquera continxencia”.

5 parques de bombeiros
Os máximos responsables da Deputación e a Consellería da Presidencia anunciaron que se crearán cinco parques de bombeiros. Todos comezarán a construírse en 2008 e entrarán en funcionamento en 2009. O de Barreiros, que xa está construído, poñerase en marcha o ano que vén. “O obxectivo é que se garanta á maior parte da poboación desta provincia un tempo de resposta ante calquera tipo de incidencia, como incendios, accidentes de tráfico ou asolagamento, cumprindo os estándares establecidos para estes casos pola Unión Europea”, dixo Méndez Romeu. Tanto o Presidente da Deputación como o Conselleiro dixeron que se dará un tratamento especial á zona da montaña pola orografía destes Concellos. “Ofreceranse respostas singulares a zonas especiíficas”, dixo o mandatario autonómico, quen sinalou que este tempo de resposta “deberá estar por debaixo dos 20 minutos, agás nalgunha zona en que será por debaixo dos 30 minutos”. Gómez Besteiro e Méndez Romeu afirmaron que nas vindeiras semanas concretarase definitivamente a ubicación destes parques.

Visita Oficial
O Conselleiro da Presidencia foi recibido oficialmente no Pazo de San Marcos esta mañá polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e polo Vicepresidente Primeiro, Antón Bao. A continuación foi presentado ós Voceiros dos tres grupos provinciais e asinou no Libro de Ouro da Deputación. José Luis Méndez Romeu recibiu como agasallos unha bufanda de seda e unhaámpada elaboradas polo Centro de Artesanía e Deseño.

Enérxica repulsa
O Presidente da Deputación, en nome de toda a Coporación Provincial e do Conselleiro da Presidencia, amosou “a máis enérxica repulsa polo atentado que o pasado sábado custou a vida ó garda civil Raul Centeno Pallón, e deixou en coma cerebral ó seu compañeiro Fernando Trapero Blázquez”. Gómez Besteiro expresou “a nosa solidariedade e apoio ós familiares e amigos destes dous gardas civís, así como ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”. José Ramón Gómez Besteiro e José Luis Méndez Roumeu participaron a continuación na concentración convocada polo Concello de Lugo diante da Casa Consistorial.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo