> Actualidade

19/06/2008

A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

O Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia asinaron esta mañá un convenio de colaboración con este obxectivo


O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, asinaron este xoves un convenio de colaboración para a adquisición de cinco vehículos contraincendios e de salvamento para a dotación do futuro Consorcio de Bombeiros da Provincia de Lugo. Con esta fin, o departamento autonómico achegará un total de 969.000 euros –cofinanciados con fondos Feder-, mentres que a Deputación se encargará daicitación e de toda a tramitación necesaria para a súa posta en funcionamento, incluída a xestión das autorizacións necesarias.

Ámbolos dous mandatarios destacaron “a velocidade de cruceiro” que caracteriza a todo este proceso. O Presidente da Deputación subraiou que “este convenio foi aprobado hoxe no Consello da Xunta e asinámolo neste mesmo día. E mañá será ratificado en menos de 24 horas pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo”.

Besteiro afirmou que “os veciños da provincia de Lugo terán a seguridade de contar cun servizo moderno que garante unhas necesidades que non estaban cubertas”. O máximo mandatario provincial reivindicou o papel da Unión Europea, xa que grazas ó investimento cofinanciado polos fondos FEDER, Lugo recibiu hoxe preto dun millón de euros para os vehículos contraincidencios. Gómez Besteiro tamén agradeceu a actuación do Conselleiro de Presidencia que “desde un principio tivo tendida a man a Lugo”.

Neste sentido, o conselleiro afirmou que o acordo, que foi aprobado esta mañá no Consello da Xunta, significa “un paso máis” no proceso pactado entre as dúas administracións para a creación dun consorcio contraincendios e de salvamento que cubra todo o territorio da provinciaucense. Esta entidade, explicou, ten como obxectivo ofrecer unha plena cobertura en situacións de emerxencia por parte de profesionais, cun equipamento axeitado e con cinco bases territoriais que, no momento actual, están en proceso deicitación para a súa construción.

Méndez Romeu subliñou que dende que o presidente da Deputación tomou posesión do seu cargo hai menos dun ano téñense dado “pasos de xigante” en Lugo, que tiña a menor cobertura ante as emerxencias de todas as provincias galegas. Así, destacou que se ten pactado xa a creación do Consorcio, a distribución das cargas financeiras entre as dúas institucións e sobre todo, por parte da Deputación, tense axilizado o proceso de disposición de solo das distintascalidades onde existirá parque profesional e o de posta en marcha do propio consorcio.

“Estamos recuperando agora a marchas forzadas un tempo desgraciadamente perdido nos anos anteriores –declarou-, e con isto conseguiremos a finais do ano 2009 que Lugo teña unha cobertura máxima en toda a provincia cun servizo homoxéneo e profesional, e polo tanto garantindo aos cidadáns que van ter o grao máximo de atención posible en calquera situación de sinistro”.

Características técnicas dos vehículos
Unha vez adquiridos, estes vehículos estarán a disposición do futuro Consorcio de Bombeiros de Lugo, que ten previsto iniciar o seu funcionamento con cinco parques de bombeiros –nascalidades de Viveiro, Vilalba, Sarria, Chantada e Barreiros-, de xeito que prestarán o seu servizo no ámbito xeográfico provincial.

Segundo establece o texto do convenio, os vehículos deben ser bombas nodrizas pesadas, cun motor diésel de potencia mínima de 280CV, tracción de 4x2 e cabina abatible cara adiante sinxela e metálica con dúas portas, tres prazas e cristais de seguridade. O vehículo disporá de todos os elementos de iluminación e sinalización que esixen as normas da UE, así como os elementos específicos da instalación contraincendios, tantouces e faros como sereas.

A carrocería disporá polo menos dous armariosaterais e un traseiro central. No seu compartimento central aloxarase a bomba contra incendios e a debandoira de primeiro socorro. A cisterna de auga terá unha capacidade mínima de 8.000itros e deberá estar fabricada en material anticorrosivo e apto para o transporte de auga potable. No seu interior montaranse tabiques diques para evitar movementos inadecuados doíquido no seu interior. A bomba, pola súa banda, deberá ser centrífuga e construída en material anticorrosivo, resistente á auga do mar e cun eixe de aceiro inoxidable. Así mesmo, ten que poder funcionar co vehículo parado e durante os seus desprazamentos.

Cada vehículo estará equipado cun terminal de comunicacións móbiles da rede Trunking da Xunta de Galicia, con GPS incorporado para o envío automático de datos por esta rede a unha base remota e conectores e interfaces necesarios para a súa conexión co transceptor. Tamén contarán cun pulsador para conmutar as canles de radio convencionais e permitir así a súa operación noutras redes de radiotelefonía móbil.

O futuro Consorcio farase cargo do manexo, mantemento e eventuais reparacións dos vehículos, así como da obriga de tomar ao seu cargo una póliza de seguros que cubra todos os riscos que poidan derivarse da circulación do mesmo, das súas actuacións e dos seus ocupantes. Estes poderán ser asignados ao parque comarcal que as partes asinantes do convenio decidan de común acordo.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo