> Actualidade

07/03/2013

Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

Das 104 incidencias rexistradas durante os meses de xaneiro e febreiro nos 6 parques, 46 foron incendios en edificacións, vehículos ou forestais, e 25 rescates e excarceracións

O complexo con un maior número de intervencións foi o de Barreiros, con 32, seguido de Vilalba (21), Sarria (17), Monforte (14), Chantada (11) e Viveiro (9)

Os profesionais da zona norte festexan mañá o patrón do corpo de bombeiros con simulacros dunha fuga de gas e a excarceración de dous vehículos, nos que intervirán unha ducia de profesionais


Os 6 parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, entidade xestionada ó 50% por Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, atenderon no que vai de ano un total de 104 emerxencias, das que o 70% foron incendios e rescates. En concreto, durante os meses de xaneiro e febreiro, os profesionais dos complexos de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte actuaron en 46 incendios en vivendas, alpendres, vehículos e forestais, e en 25 rescates e excarceracións. O groso das restantes intervencións foron fugas de auga ou gas, e limpeza de estradas.

Segundo os informes elaborados polos parques, o groso das saídas produciuse nas franxas 15:00 a 16:00 e de 17:00 a 19:00 horas, en días laborables, e o tempo medio de actuación, isto é, entre a chamada dos servizos de emerxencia ó parque, a chegada ó lugar do sinistro, as actuacións necesarias (apagando un incendio, ventilando, limpando, excarcerando ou liberando persoas atrapadas, atallando fugas de auga, etc.) e a volta ó parque é de 1 hora 50 minutos, un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas da provincia. Os vehículos percorreron un total de 16.078 quilómetros.

O complexo con maior número de intervencións nos dous primeiros meses do ano foi Barreiros, con 32, das que 8 se produciron en Foz, 7 en Burela, 5 en Mondoñedo, 4 en Ribadeo, 4 en Barreiros, 2 en Lourenzá e outras 2 en Alfoz.

Ó parque barreirense séguelles Vilalba, con 21 actuacións: 7 en Rábade, 4 en Xermade, 4 en Vilalba, 2 en A Pastoriza e 1 en Abadín, Guitiriz, Outeiro de Rei e nun Concello fóra do seu ámbito de actuación prioritario. Sarria atendeu 17 emerxencias: 9 no propio municipio sarriano, 2 no Corgo, 2 en Bóveda e 1 en Navia de Suarna, Pedrafita, Becerreá e A Fonsagrada. O parque de bombeiros de Monforte rexistrou 14 actuacións: 11 no Concello monfortino, 2 en Quiroga e 1 na Pobra do Brollón. O complexo de Chantada atendeu 11 incidencias: 4 de Monterroso, 2 de Chantada, 2 en Antas de Ulla, 2 en Portomarín e 1 en Carballedo. O parque vivairense foi o que rexistrou un menor número de emerxencias, con 9, das cales 7 se produciron en Viveiro e 2 en Cervo.

Demostracións prácticas para celebrar o patrón

O parque de bombeiros de Viveiro organizou mañá unha serie de actividades para celebrar o día do patrón do corpo, San Juan de Dios, actos ós que se sumará unha representación dos profesionais de Viveiro e Vilalba. Ás 11:30 horas terá lugar unha misa na igrexa parroquial de Celeiro, á que seguirá unhas demostracións prácticas na explanada situada enfronte das instalacións do complexo. Unha ducia de profesionais realizará un simulacro dunha fuga de gas con resultado de incendio e a excarceración de dous vehículos.

Estas actividades súmanse ás organizadas o pasado Nadal polos profesionais do complexo de Barreiros, que recadaron 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo. Os produtos foron principalmente recollidos nun maratón de fútbol celebrado no campo Torques de Marzán, en Foz, entre bombeiros dos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba e Lugo, ademais de Gardas Civís, Policías Locais e persoal dos servizos de Protección Civil e do 061 -todos eles de ditos 10 Concellos-. O bombeiros de Barreiros ocupáronse de recoller os alimentos e distribuílos en lotes, para logo entregarllos os Servizos Sociais municipais.




Volver

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo