> Actualidade

24/09/2015
CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

Segundo o acordo rotatorio dos estatutos, correspóndelle a titularidade daPresidencia á Deputación de Lugo por un período de dous anos, mentres que avicepresidencia continúa na persoa do Director Xeral de Emerxencias e Interior

  • No pleno extraordinario tomaron posesión tanto os representantes da Deputación no Consorcio, como dos Concellos de Monforte e Sarria
  • Continuouse co proceso de licitación de diverso material para o Consorcio, como é un vehículo para o Parque de Monforte de Lemos



07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano
Das 104 incidencias rexistradas durante os meses de xaneiro e febreiro nos 6 parques, 46 foron incendios en edificacións, vehículos ou forestais, e 25 rescates e excarceracións

O complexo con un maior número de intervencións foi o de Barreiros, con 32, seguido de Vilalba (21), Sarria (17), Monforte (14), Chantada (11) e Viveiro (9)

Os profesionais da zona norte festexan mañá o patrón do corpo de bombeiros con simulacros dunha fuga de gas e a excarceración de dous vehículos, nos que intervirán unha ducia de profesionais


21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo
Os profesionais do parque contra incendios entregan hoxe os produtos, entre os que hai 400 quilos de peixe fresco, ós Servizos Sociais municipais para que os distribúan entre as persoas que o necesiten

Esta campaña solidaria foi a primeira das accións que os bombeiros de Barreiros pretenden levar adiante a través dunha asociación con fins sociais que pretenden crear


14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala
O pavillón focense de Torques de Marzán acolle esta fin de semana o maratón que enfrontará a equipos de fútbol sala de bombeiros, Gardas Civís, Policías Locais e persoal de Protección Civil e 061. Para presenciar os encontros só haberá que aportar alimentos que se repartirán entre familias sen recursos

Os partidos desenvolveranse entre as 10:00 horas do sábado e as 16:30 do domingo, cando se realizará un sorteo con fins benéficos cuxas rifas custarán 2 euros. A final disputarase ás 17:30 horas e a entrega de trofeos ás 19:00 horas. Haberá tamén demostracións en vivo do labor dos bombeiros, coma o simulacro de excarceración que farán en colaboración co persoal de emerxencias do 061

Todo o recadado irá a mans dos Servizos Sociais municipais, que o distribuirán entre as familias necesitadas dos 10 Concellos nos que estes profesionais prestan servizos. Os interesados en colaborar con esta causa poden contactar cos organizadores en bomberosbarreiros@gmail.com, 605-81-33-74/ 606-80-80-40, ou facer un donativo no nº de conta do Banco Santander 0049-12-2953-2190287441


13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa
Algún dos profesionais que prestan servizos no Parque barreirense achegáronse hoxe ata Burela para facer entrega dos agasallos, cedidos por comerciantes dos Concellos nos que prestan cobertura, ós 10 nenos ingresados no centro e á propia Unidade de Pediatría do Hospital da Costa

Esta é só unha das múltiples iniciativas postas en marcha por estes profesionais nesta semana solidaria e que continuarán cunha maratón de fútbol sala e un sorteo benéfico o domingo

Todo o recadado con estes eventos solidarios será distribuído entre familias con dificultades dos Concellos de Barreiros, Foz, Burela, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, Alfoz, O Valadouro e Riotorto

Os interesados en colaborar con esta causa poden contactar cos organizadores en bomberosbarreiros@gmail.com, 605-81-33-74/ 606-80-80-40, ou ben facer un donativo no seguinte número de conta do Banco Santander: 0049-12-2953-2190287441


05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo
Farano nun maratón de fútbol sala benéfico os días 15 e 16 de decembro no Torques de Marzán de Foz cuxa entrada terá un único requisito: traer algún lote de comida

Comerciantes da zona colaboran concedendo produtos para un sorteo tamén benéfico o día 16, e xoguetes que os propios bombeiros entregarán ós nenos ingresados no Hospital da Costa o venres 14

Todo o recadado irá a mans dos Servizos Sociais municipais que o distribuirán entre as familias de Barreiros, Foz, Burela, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, Alfoz, O Valadouro e Riotorto que o necesiten

Os interesados en sumar esforzos con esta causa poden contactar cos organizadores en bomberosbarreiros@gmail.com, 605-81-33-74/ 606-80-80-40, ou ben facer un donativo no seguinte número de conta do Banco Santander: 0049-12-2953-2190287441


27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial
O complexo, que conta con 19 bombeiros profesionais, dará servizo a preto de 30.000 veciños dos Concellos de Monforte, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober


09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento
Das incidencias rexistradas nos cinco parques, un total de 399 –o 75%- foron incendios, 67 excarceracións, 41 rescates de persoas, 22 fugas de gas e auga e 9 saídas deimpeza de vías

O parque de Monforte de Lemos incorporarase ó Consorcio en outubro,go de que o Pleno acordara costear 90.000 euros en obras de mellora e 275.500 para a adquisición dun camión BUL


07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros
Besteiro e Arias avanzaron que o Pleno acordou estes traballos, “disipando calquera discusión sobre os arranxos, non dilatando máis a incorporación ó Consorcio e facendo que o parque abra o 1 de outubro”

A sesión aprobou a compra dun camión tamén para Monforte por 275.500 euros, facendo que estas instalacións conten con 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que os outros parques

O Consorcio iniciará nas vindeiras semanas a adxudicación do equipamento interno e contratará a 19 profesionais, empregando a un total de 120 persoas para a cobertura do 90% do territoriougués


19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas
Así o reflicten os informes de actuación dos parques do Consorcio: dos 98umes atendidos no que vai de ano, 69 foron en vivendas por cortocirtuitos e combustións en ditos aparellos ou espazos

Avanza a comarcalización do complexo de Monforte coa posta en marcha do proceso de contratación dun vehículo de 290.000 euros e a formación de máis de 20 novos profesionais

28 alumnos do IES Marqués de Sargadelos visitaron nas instalacións de Barreiros, facendo que un total de 636 cativos coñezan o servizo do Consorcio na provincia mediante actividades didácticas


22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial
O organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia responde así á petición do centro escolar de formar ós rapaces en prevención de riscos

Outros 184 mozos de Viveiro, Cervo e Sarria farano nos vindeiros díasgo de que os seus colexios e IES se puxesen en contacto cos complexos máis próximos á súacalidade



21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública
Ofreceranse 333 horasectivas, das cales un 60 por cento serán prácticas


21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro
O organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia resposta, deste xeito, á petición do centro educativo de formar ós rapaces en materia de prevención de incendios

Xa son 480 os cativos beneficiados desta iniciativa coa que coñecen as pautas a seguir ante emerxencias, a importancia desta prestación, así como a responsabilidade dos bombeiros

Outros 258 mozos de Viveiro, Cervo e Sarria farano nos vindeiros díasgo de que os seus colexios e institutos se puxesen en contacto cos complexos máis próximos a súacalidade


16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos
Atendendo estas peticións, os bombeiros de Barreiros realizaron este venres un simulacro no colexio Juan Rey do Concello de Lourenzá, contando coa participaron 123 rapaces

É a cuarta demostración que, ata o momento, efectuan estes profesionais para que os nenos coñezan as pautas de conduta ante emerxencias e o funcionamento das instalacións contraincendios

Ademais doaurentino, centros educativos de Barreiros, Xoxe e Viveiro xa se beneficiaron desta iniciativa que, nas vindeiras semanas, o Consorcioevará a colexios de Sarria, Cervo e Viveiro


07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas
Estatísticamente os motivos máis frecuentes de saídas de emerxencia son osumes en vivendas ecais, que se producen entre as 19:00 e as 22:00 horas, en díasaborais

Nos dous primeiros meses do ano, o parque de Barreiros atendeu 17 incidencias, o de Vilalba 24, 17 o de Viveiro, 22 Sarria e 15 Chantada


29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos




Os aspirantes ás 19 prazas realizan entre hoxe e mañá en instalacións da capitaluguesa as probas de gabeo por corda, press de banca, atletismo e natación, ademais do test de toponimia

A selección rematará o vindeiro 23 de febreiro coas entrevistas en galego e a proba de condución que teráugar no Parque de Bombeiros de Chantada

Rematado este proceso, serán un total de 120 os empregos creados polo Consorcio Provincial, integrado por Deputación de Lugo e Xunta, para prestar cobertura contraincendios na provinvia



07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte
Máis de 300 aspirantes farán as probas teóricas e físicas, que se desenvolverán entre os días 9 e 23 de febreiro en distintascalizacións de Lugo e Chantada

Cos profesionais que resulten seleccionados para estas instalacións se incorporarán ó Consorcio antes do verán, serán un total de 120 as persoas que presten servizo contraincendios en Lugo

Os parques de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon no mes de xaneiro 42 emerxencias, das que a metade foron incendios en vivendas ecais


04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte
Máis de 300 aspirantes farán as probas teóricas e físicas, que se desenvolverán entre os días 9 e 23 de febreiro en distintascalizacións de Lugo e Chantada

Cos profesionais que resulten seleccionados para estas instalacións que se incorporarán ó Consorcio antes do verán, serán 120 as persoas que presten servizo contraincendios en Lugo

Os parques de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon no mes de xaneiro un total de 42 emerxencias, das que a metade foron incendios en vivendas ecais



27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio
Os 66 profesionais destas instalacións actuaron en 11 Concellos da zona norte da provincia segundo o informe que recolle a súa actividade no primeiro mes de servizo.

Das 20 intervencións, 10 foron extinción de incendios, 3 excarcelacións, 2 rescate de persoas mentres as restantes corresponden a actuacións de prevención.



18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio
A Xunta de Goberno deste xoves aprobará a proposta para o financiamento dos salarios dos catro profesionais dende xaneiro ata outubro


30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación
A partires das 9:00 horas deste domingo, e durante as 24 horas dos 365 días ó ano, estarán en servizo os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada


26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación
O Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia entregaron hoxe na Estrada a estes profesionais os diplomas que acreditan a súa preparación tras completar un curso de 400 horas


17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio
O Presidente salientou que “cando chegamos á Deputación atopámonos cun parque sen auga, senuz, sen equipamento e inaccesible. Por iso, un dos nosos compromisos foi a posta a punto destas instalacións, así como a creación dunha rede provincial de bombeiros”.


28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios
Besteiro e Feijóo visitaron as instalacións de Vilalba o mesmo día no que o Pleno do Consorcio acordou as derradeiras adxudicacións do organismo provincial: o equipamento interno e un sistema para o aviso inmediato de emerxencias nos 67 Concellos.


12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros
Deputación de Lugo e Consellería de Presidencia aumentan a 104 as prazas nas instalacións contraincendios de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba.


24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia
esteiro e Rueda presidiron o Pleno no que se contratou a xestión indirecta dos parques de Barreiros, Viveiro e Vilalba a Veicar S.L, e os de Chantada, Sarria e Monforte á UTE Hasa-Natutecnia, últimos acordos para a posta en marcha das instalacións o 1 de maio


17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros
Preto de 2,6 millóns de euros destínanse á xestión do servizo, presuposto que recibirán as empresas que a semana que vén resulten adxudicatarias


25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro
O Presidente e o Conselleiro salientan que o Consorcio dará conbertura contraincendios ó 100% da provincia as 24 horas dos 365 días do ano


20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros
O titular provincial anuncia que a principios de xuño se reunirá o Consorcio, integrado pola Deputación e a Xunta de Galicia.


03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros
Na xuntanza definíronse asiñas a seguir polo municipiougués: estudar a viabilidade xurídica da colaboración, as ordenanzas a modificar, e a elaboración dun informe técnico das necesidades materiais e persoais do parque da capital.


26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros
Antonio Gato anuncia que o 3 de marzo técnicos provinciais e da Xunta reuniranse no Concelloucense para analizar a posible prestación de servizos do parque da cidade á área de Lugo.


18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte
O persoal da Deputación e da Xunta avaliarán se as instalacións das Lamas poden ser empregadas polo Consorcio


12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros
Gómez Besteiro e Alfonso Rueda anuncian que os 5 parques de bombeiros estarán en funcionamento no peridodo 2010-2011.


09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros
Gómez Besteiro sinalou que así se pon solución á zona sur da provincia e convidou ó Alcalde a participar no Pleno convocado para dentro de 15 días


25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros
O BOP publica a adxudicación definitiva dos todoterreos que contan cun presuposto de 174.950 euros


05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros
Os traballos inclúen o remozado das paredes dos inmoble e a posta a punto das instalacións


23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros
Desde que tomou posesión o actual goberno provincial, Xunta e Deputación invistiron 9,5 millóns de euros na posta en marcha da rede provincial de bombeiros


11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros
Gómez Besteiro destacou “a rapidez de cruceiro coa que se traballou porque neste momento xa están 7 millóns de euros en execución”


06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros
A Xunta de Goberno acordou a contratación do subministro de 12 vehículos e un equipamento destinado ós parques.


04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros
A Deputación, pendente daicenza de Barreiros, destina 1.300.000 euros á adquisición de material para o parque de Barreiros


22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros
A Consellería de Presidencia achegou un total de 969.000 euros para a adquisición dos camións e a Deputación encargouse daicitación e da tramitación necesaria para a súa posta en funcionamento.


31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros
Gómez Besteiro avanzou que o parque “funcionará a pleno rendemento no derradeiro trimestre de 2009” e rondará os 2 millóns de euros


03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros
Antonio Gato anuncia que se estudará a contratación unha póliza de responsabilidade civil para cubrir as reclamacións patrimoniais por accidentes en vías provinciais


14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros
Os vehículos contraincendios serán entregados, como máximo, a finais do mes de novembro


27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros
A Xunta de Goberno aprobou os pregos para a compra de cinco vehículos destinados ó Consorcio da rede provincial de bombeiros


19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo
O Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia asinaron esta mañá un convenio de colaboración con este obxectivo


13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema
O Presidente da Deputación da Coruña foi recibido oficialmente por primeira vez no Pazo de San Marcos


29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros
O Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia destacan que a posta en marcha da rede provincial é un “exemplo de celeridade das administracións para rematar cunha discriminación histórica”


23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte
Gómez Besteiro visitou oficialmente o Concello e entrevistouse cos empresarios do municipio


01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008
Lara Méndez visitou as instalacións desta infraestrutura queeva construída catro anos


10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros
O documento tamén foi asinado polo Conselleiro de Presidencia e os Alcaldes de Viveiro, Vilalba, Sarria, Chantada e Barreiros


03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros
Deputación e Xunta de Galicia investirán 9 millóns de euros na creación de 5 parques.


30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia
Gómez Besteiro recibirá a Méndez Romeu o vindeirouns


07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros
Gómez Besteiro confirma que os orzamentos da Deputación do 2008 contemplarán unha partida para a posta en marcha deste servizo


Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo